La Diputación Provincial y la Asociación Empresarial de Profesionales y Trabajadores Autónomos de Ourense (AEPA) refuerzan su colaboración para promover al sector en la provincia.

O pasado 12 de maio, AEPA Ourense mantivo un encontro de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, coa participación da nosa presidenta, Ana Belén Fernández Valado, e do tesoureiro da entidade, José Manuel Díaz Barreiros.

No encontro trasladouse unha idea clara: o traballo autónomo en Ourense non é un asunto menor dentro da economía provincial.

Algúns datos do informe no que estamos traballando:

𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻 𝟮𝟮.𝟭𝟲𝟳 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗮𝘂𝘁𝗼́𝗻𝗼𝗺𝗮𝘀, segundo datos de ATA de abril de 2026.

Por sectores, destacan especialmente:

Comercio: 4.148 persoas autónomas.
Construción: 3.249.
Hostalaría: 2.363.
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca: 2.354.
Outros servizos: 2.064.

Tamén hai 8.595 mulleres autónomas na provincia, unha cifra que merece análise propia, visibilidade e acompañamento específico.

Estes datos explican por que AEPA Ourense debe funcionar como unha ferramenta útil: para escoitar, ordenar necesidades, conectar recursos e devolver información que sirva ao colectivo autónomo e tamén ás institucións.

𝗥𝗲𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗻𝗼𝗻 𝗲́ 𝘀𝗼́ 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿.
𝗘́ 𝗰𝗼𝗻̃𝗲𝗰𝗲𝗿, 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗿 𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗿 𝗰𝗼𝗻 𝗱𝗮𝘁𝗼𝘀.

Agradecemos á Deputación de Ourense e ao seu presidente, Luis Menor, a acollida e a apertura deste espazo de traballo.

COMPARTE ésta noticia

Facebook
LinkedIn
Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?